Sábado 9 de abril, noite de emocións e estrea

eQZF5ehs

Este é o equipón que fixo posible a estrea de “A Boneca”!!
Queremos agradecerlles unha vez máis a súa implicación no proxecto ademáis das súas horas de traballo detrás do telón, cheas de esforzo e suor. Pero sobretodo pola súa ilusión compartida neste espectáculo.
Moitas gracias a OléMorena Makeup pola súa disponibilidade e por ese deseño de maquillaxe tan impresionante. A Alejandro Piñeiro por ese cartaz tan chulo e a súa paciencia. A Bleis Vs pola súa aportación no son e concedernos o seu tempo. A Adrián Ríos pola súa gran colaboración para a Voz en Off. A Fran Soaje polo deseño de luz e son e o seu sorriso. A Sara Barcia Portela polo deseño de vestiario e a escenografía, sempre nos sorprende!! A Fotografia Carla Carracelas Millán e a Andres Hermelo Bermudez polo seu gran traballo de imaxe e fotografía, captando sempre instantes con tanto arte!! Gracias a Roberto Bernárdez, que aínda que non puido ocupar a súa butaca, estivo moi presente entre todos nós. E ademáis darlle as grazas ó Concello de Moaña, en especial a Salvador Meira, pola súa colaboración e cedernos o espacio dándonos o último empuxón para facer posible esta estrea tan esperada.
Estamos orgullosos de contar con cada unha destas persoas e o seu talento, non podemos estar máis contentos!!
Por iso, e moito máis!! MILES DE GRAZAS

Somos MORRASOUND

Estamos no cartel do MORRASOUND Rock Festival!!

Este festival arranca a súa primeira edición para este xuño de 2016 coa intención de crear unha seña de identidade fusionando a música Rock coas disciplinas deportivas e as artes escénicas.

Situado nun espazo natural con maravillosas vistas á Ría de Vigo, poderemos non só disfrutar dun festival de concertos, senon ademáis dun espazo que abarca os espectáculos teatrais máis variopintos, e actividades e exhibicións deportivas tales coma snowboard, skateboarding, dirt jump ou incluso escalada.

INDIE FESTIVAL

A Boneca

“A Boneca” conta a historia de Richard Bergen, o único que posúe de valor é a súa boneca Sally, e a pesar das carencias él vive moi tranquilamente, ate que un día alguén peta na porta.
Ahí comeza a súa odisea, debe enfrontarse a unha expropiación de bens e iremos vendo como evoluciona él e cada un dos personaxes, empurrados por situacións cada vez máis surrealistas.
Unha reseña á vida cotiá que mostra unha realidade da sociedade actual: cómo unha chamada telefónica ou unha carta te pode cambiar a vida en cuestión de minutos.

 

Peza de Creación Propia e Colectiva realizada enteiramente en lingua galega apta para a súa representación en auditorios e salas de teatro, así coma en eventos culturais.

 

Ov6eUvcq.jpg

Dirección: Borja Calvar e Antía Costas

Dramaturxia: Creación Colectiva  de MOITO MORRO Teatro

Elenco: Anabel Budiño, Borja Calvar e Antía Costas

Producción: Diana Sequeiros e Roberto Bernárdez

Cartaz: Alejandro Piñeiro

Escenografía e Vestiario: Sara Barcia Portela

Deseño de Maquillaxe: Olé Morena Makeup

Iluminación: Fran Soaje

Fotografía : Carla Carracelas

Video: Andrés Hermelo

Estrea A Boneca

Match de Impro

Os nosos Match de Improvisación contan de sete xogos, nos que a nosa intención e facer ó público partícipe do espectáculo dende o primeiro intre.
Cada xogo parte dun tema sobre o cal se irá improvisando, polo tanto serán os espectadores quenes escriban os temas ou frases nun papel, e serán tamén quenes marquen o ritmo do espectáculo entre a improvisación e a participación do público.
Acompañados sempre dunha guitarra ou un instrumento musical e as sentidas voces dos nosos actores ambientando e enlazando cada xogo entre sí.

Elenco:
Os actores van variando según cada función, contando sempre cun mínimo de 4 actores.

MIMADRIÑA

Narra unha pequena parte das vidas dunha nai e unha filla, atípicas conversas que rozan o absurdo mostrando verdades coas que máis de un se podería sentir identificado.
A complicidade entre as dúas vaise estreitando según as situacións as empurran a un incondicional e mutuo apoio, na que máis dunha vez se cambiarán os roles nesta comedia.
Dúas mulleres convivindo nunha sociedade na que a falta de recursos agudiza tódalas posibilidades ó seu alcance.

11807267_901230566657274_1080188027732908740_o.jpg

Peza de Creación Propia realizada en gran parte en lingua galega, especialmente adaptada para representar en salas de teatro, auditorios, pub´s, chiringos, locais así coma en festas privadas e demáis eventos. Espectáculo de humor para adultos, non apto para homes sensibles.

 

Dirección e Guión:
Antía Costas
Elenco:
Anabel Budiño e Antía Costas
Producción:
Diana Sequeiros
Cartaz:
Lucía Estévez e Noelia Fernández
Escenografía:
Sara Barcia Portela
Iluminación:
Fran Soage

 

Pirratas

 

Catro PiRRatas un tanto peculiares que se atopan nunha illa cun único obxectivo: conseguir o tesouro de Rocavirxe. Os problemas aparecen cando a cobiza fai acto de presenza e as conxeturas e a traizón as seguen de perto. Comeza entón unha andaina repleta de ron, acrobacias, risas, e cancións. Andaina que o espectador deberá de seguir con detalle se desexa averiguar qué contén o afamado tesouro de Rocavirxe.

Peza de Creación Propia e Colectiva realizada enteiramente en lingua galega apta para a súa representación en auditorios, locais, e salas de teatro, así coma en festas privadas e demáis eventos.
Elenco:
Sergio Alfonso, Borja Calvar, Antía Costas e Paula Pier

Es-ketches!

Parodia tanto as películas de toda a vida como os programas de televisión con máis audiencia do momento dunha forma moi particular. A simple utilización dun mando a distancia salva a esta gran cantidade de personaxes dun desenlace pouco agradable. Disparatada reseña a un dos deportes máis practicado nestes tempos: o ZAPPING.

Peza de Creación Propia e Colectiva realizada en gran parte en lingua galega especialmente adaptada para representar en pub’s e locais de festa, así coma en festas privadas e demáis eventos.
Descarado espectáculo de humor basado no MICROZAPPING

Elenco:
Sergio Alfonso, Antía Costas, Paula Pier e Adrián Ríos.